MENÚ PECHAR

A casa do Manuel

Dunha herdanza familiar xorde o nome desta taberna,A Casa de Manuel, con aire neo-rústico. Casa construída de forma tradicional onde tratamos de imprimir un selo persoal, utilizando formas de construír artesanais, pero desmarcàndonos desa tradición, cores “pastel”máis modernos : azul , beige e tostado, Serán o aceno de identidade deste local.

A elección do pavimento foi de vital importancia: un solado continuo. Que nos permita facer unha continuidade do interior co exterior: Desde a entrada á terraza, pasando polo xardín , terraza cuberta, taberna, zona varra, aseos e terminando na cociña. Cun só material, formigón puído, resolvemos os solados de todo o local.

Nas As paredes interiores ,do mesmo xeito que no deseño da barra aplicamos “ microcemento”, Buscabamos ese aire máis frío, posto que o contedor exterior é de pedra. A fronte da barra, deseñado cunha forma cóncava , próxima a unha columna cilíndrica;formas sinuosas, para buscar ese reflexo da luz indirecta. A encimare da barra contrastámola con madeira “ rústicada” e tinguida.

A altura do local, supoñía un problema, só 2,30 cm. de altura.Por este motivo tivemos que tintar a madeira de branco, para dar maior sensación de altura.

A iluminación, encargámoslla a un artesán. Fabricamos apliques e lámpadas a noso antollo, potenciando especialmente o acabado cobre, xa que queriamos que destacase o metal sobre a superficie do teito branco de madeira e sobre a pedra en certas paredes.

O mobiliario é unha mestura de estruturas metálicas con acabado epoxy e encimeres de madeira maciza con aspecto rústico, que conseguimos pasando a radial co disco de arame. A idea de usar este mobiliario, foi a mesma que para o resto do local: xogar con “tradición e modernidade”.

Os aseos, tan importantes no sector da hostalería. Fixemos especial fincapé en crear uns aseos diferentes. De novo o máximo protagonista é o cobre, xa que a instalación vista, queriamos que destacase por encima de todo. Todo alicatado con azulexo hidráulico en tons escuros.

A Terraza exterior, alma do local: Zona verde, bambú, iluminación indirecta buscando a calidez do cliente. Para goce dos sentidos, tamén instalamos unha cheminea de leña: calor, aroma a leña ardendo, un bo queixo que faga descorchar unha boa botella de viño tinto.Que o visitante senta como no salón da súa casa.

  • Proxecto: A casa do Manuel
  • Onde: A Pobra do Caramiñal
  • Ano: 2014
  • Deseño: Studio Moai
error: Contido protexido !